Tres novos pasos de peóns melloran a seguridade vial en Cotobade
Por Redacción
A estrada PO-233, que comunica a parroquia pontevedresa de Bora con Carballedo, en Cotobade, mellorará a súa seguridade vial co pintado e sinalización de tres pasos de peóns. que se está a realizar estes días
Segundo informou o Concello de Cotobade, os tres pasos de peóns estanse a pintar nun tramo de aproximadamente 400 metros na PO-233 ao seu paso polo lugar da Chan, na parroquia de Carballedo.
A actuación acométea a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia a petición do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, e dá resposta a unha demanda persistente dos veciños do lugar da Chan.
Este tramo de estrada, con límitación de velocidade a 50 quilómetros/hora, non dispoñía destes elementos de seguridade que facilitaran o tránsito entre as dúas marxes da vía.