Moitas dúbidas e ningunha denuncia na estrea do Punto Morado contra a violencia sexual e machista das Festas da Peregrina

Por Redacción
O Punto Morado instalado na caravana da mesma cor ubicada ao carón das escaleiras de acceso a San Francisco axudou este sábado, no seu día de estrea nas Festas da Peregrina, a resolver dúbidas a moitas mulleres de entre 15 e 50 anos e a informar e sensibilizar a moitos veciños, pero, por fortuna, non foi necesario que atendera ningunha denuncia.
A concelleira de Igualdade, Paloma Castro, impulsora desta iniciativa contra as agresión sexuais e machistas, constatou este domingo o elevado número de consultas e a ausencia tanto de solicitudes de acompañamento como de denuncias por acoso ou agresión.
A maioría das consultas estiveron destinadas a coñecer en que casos se poden solicitar os acompañamentos, cantos días estará a caravana nas festas e a posibilidade de participar como voluntarios. Tamén houbo diversas consultas psicolóxicas sobre relacións de parella (tipos de acoso, condutas inadecuadas...) e algunhas familias e mozos tamén se achegaron para agradecer a labor desta iniciativa.
No interior da caravana estiveron entre as 19.00 horas do sábado e as 4.00 horas da madrugada do domingo unha promotora de Igualdade e unha psicóloga/criminóloga. Ambas as dúas profesionais coordinan o servizo e tiveron unha intensa actividade informativa e de sensibilización, na que contaron coa colaboración dun grupo de 10 voluntarios 'morados'.
Os voluntarios realizaron dúas intervencións por avisos cidadáns en relación a mulleres que se atopaban en estado de desorientación por embriaguez. Nos dous casos acudiron ao lugar onde se atopaban as mulleres, pero os respectivos grupos de amigos xa se organizaran para acompañalas, segundo a información facilitada pola concelleira.
Os voluntarios repartiron 2.000 flyers polos locais de Pontevedra e outros 1.000 directamente na caravana. Ademais, distribuíronse 1.000 dípticos, outros tantos adhesivos e 1.500 pulseiras.
Relacionadas:
-
O 'equipo morado' acompañou a dúas mulleres á súa casa durante a segunda xornada de festas
Por Almu Dapena |
-
Recordatorio morado para todas as persoas que se suman ás festas: "Sen o meu si, non"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Manuel Jabois, o pregoeiro que conseguiu "facer de Pontevedra a medida de todas as cousas"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra presenta unha nova campaña contra a violencia sexual
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Refuxio morado contra as agresións sexuais e machistas durante as festas da Peregrina
Por Natalia Puga |