Catro feridos, un menor, pola colisión entre un coche e un camión cisterna na autovía do Salnés
Por Redacción
Catro persoas, unha delas menor de idade, foron trasladadas ao Hospital Domínguez de Pontevedra tras verse implicada nun accidente de circulación na autovía do Salnés á altura do termo municipal de Meaño.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112, o sinistro produciuse ás 10.54 horas deste xoves e consistiu na colisión entre un turismo e un camión cisterna habitualmente utilizado para o transporte de mercadorías perigosas, pero que estaba baleiro.
A bordo do turismo circulaban unha muller e o seu fillo menor. Eles foron os primeiros en ser trasladados ao hospital por unha ambulancia do 061, segundo fontes sanitarias. Máis tarde tamén foron derivados en ambulancia os ocupantes do camión.
Segundo testemuñas presenciais, a Garda Civil de Tráfico tivo que regular a circulación na autovía do Salnés en dirección de Sanxenxo a Pontevedra.