As obras da Avenida de Ourense afrontan os traballos de "humanización"
Por Redacción
O Concello de Marín informou que a día de hoxe foron executadas dúas das catro fases nas que están planificadas as obras da avenida de Ourense.
Unha vez aprobado polo goberno local o proxecto técnico de mellora da mobilidade xa está a información pública antes de emprender os traballos de "humanización".
A renovación do colector xeral iniciouse a finais do pasado mes de outubro e actualmente xa se repuxo a maior parte do aparcamento dos primeiros tramos e asfaltouse e colocouse a iluminación antiga, para que poida utilizarse nos tramos posibles.
Os acabados son totalmente provisionais, as probas, os controis, os ensaios e a execución de todos os tramos do colector impiden que algunhas zonas perfectamente delimitadas se poidan pechar ata a comprobación final.
A empresa Copcisa executa este proxecto cun prazo de execución de doce 12 meses, estando nestes momentos practicamente realizadas as dúas primeiras fases.
E aquí vén a segunda parte que consiste en executar un proxecto completo de mobilidade, que mellorará a conectividade na avenida de Ourense reorganizando os espazos públicos, dando cabida xunto co peón a un carril bici.
Relacionadas:
-
Marín restrinxirá o tráfico en Concepción Arenal e Avenida de Ourense polas obras
Por Redacción |
-
Dificultades técnicas adían a instalación do colector na Avenida de Ourense
Por Oskar Viéitez |
-
A construción do tanque de tormentas da Avenida de Ourense está executada nun 75%
Por Redacción |
-
Aprobado definitivamente o proxecto de mellora da mobilidade na Avenida de Ourense
Por Redacción |