A plantilla da Policía Local de Poio reforzarase con dúas novas prazas
Por Redacción
O Goberno Local do Concello de Poio vai reforzar a plantilla da Policía Local con dúas novas prazas que se prevé que estarán cubertas a finais de 2019, e que se recollen na nova relación de postos de traballo (RTP). Este ano, tamén se cubriron dúas novas prazas de axentes funcionarios.
A maiores e con motivo do incremento de traballo na época estival contratáronse catro auxiliares, dos cales a Xunta cubre 5.000 euros do gasto total, sendo o financiamento restante cuberto polo Concello.
O Goberno Local, citando fontes policiais, asegura que no municipio de Poio non se rexistra maior número de delitos que nos últimos 10 anos, "e cabe salientar que as melloras e avances tecnolóxicos permiten que se detecten máis delitos que antes pasaban desapercibidos".
Citanto os datos recollidos nas dúas últimas memorias anuais para o Concello de Poio "queda acreditada que a seguridade aumentou considerablemente pero a veciñanza ten mais coñecemento do que pasa en Poio grazas a presenza na prensa e a difusión das noticias a través das redes sociais".
Ademáis tamén engaden que na Policía Loca os axentes valoran especialmente "a concienciación da veciñanza que está convertindo a Poio en un lugar cada vez mais seguro porque son cidadáns máis responsables na seguridade viaria e colaboran de cotío coa Policía Local achegando información moi valiosa para resolver infraccións ou delitos".