Último ensaio colectivo en Salcedo para preparar o 'Aquí cántase' do 9 de agosto
Por Redacción
A asociación Maravallada celebrará este xoves 1 de agosto o último ensaio de preparación para o 'Aquí Cántase'. O ensaio será no Centro Social de Salcedo a partir das 20.30 horas e estará aberto a todas aquelas persoas que se queiran sumar a esta actividade.
Desde a organización, esperan que este ensaio colectivo reúna a preto de 200 persoas. Será a última cita preparatoria para a actuación prevista para o venres 9 de agosto, ás 21.00 horas, cando as agrupacións que viñeron ensaiando, así como calquera particular, pode realizar un percorrido polas rúas e polas prazas do centro histórico cantando cancións populares.
Esta proposta quere difundir as cantigas tradicionais populares máis coñecidas da cultura popular, coa incorporación de catro temas novos. A agrupación Maravallada distribuirá as letras entre o público para que participen tamén as persoas que se atopen nas prazas.
A comitiva pasará pola praza da Ferrería, a praza de Curros Enríquez, a escalinata do Teatro Principal e tamén a Praza da Leña.
Relacionadas:
-
Empoderar ás persoas de máis de 65 anos a través de actividades musicais e culturais
Por Cristina Saiz & Oskar Viéitez |
-
VÍDEO.- Aquí cántase e vaise de festa: chega a Peregrina 2019
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
A Asociación Maravallada espera encher as rúas de Pontevedra para celebrar a III Edición de 'Aquí Cántase'
Por Almu Dapena |