A Asociación Maravallada espera encher as rúas de Pontevedra para celebrar a III Edición de 'Aquí Cántase'
Por Almu Dapena
Despois de tres meses de preparación, e de realizar o último ensaio colectivo en Salcedo o pasado 1 de agosto, a Asociación Maravallada xa está preparada para celebrar a III Edición de 'Aquí Cántase' o venres 9 de agosto.
Esta actividade, que consiste en interpretar cancións populares nas prazas da cidade, está organizada polo Concello de Pontevedra xunto coa Asociación Maravallada. Encargaranse de repartir ao redor de 1200 copias coas letras das cancións, 200 máis que o ano pasado "para que todo o que queira cantar, non teña problema en coñecer a letra", explica Manolo Espiño, un dos organizadores da actividade.
Este ano cantaranse 20 cancións de música tradicional galega, e catro novas con respecto aos anos anteriores.
Aínda que pareza que o tempo non vai acompañar para esta semana, a concelleira Carme da Silva explicou que "non se suspende nada, cantaremos o venres", polo que esperan encher as rúas de xente.
A gran cita arrincará ás 21:00 horas na praza da Ferrería, pasando pola praza de Curros Enríquez, a escalinata do Teatro Principal e terminará ao redor das 23:15 na Praza da Leña. A xente que queira participar, poderá unirse en calquera destas prazas.
Relacionadas:
-
Chega o primeiro Festival de Música e Teatro de Salcedo
Por Almu Dapena |
-
VÍDEO.- Aquí cántase e vaise de festa: chega a Peregrina 2019
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Último ensaio colectivo en Salcedo para preparar o 'Aquí cántase' do 9 de agosto
Por Redacción |
-
Empezan os ensaios para a gran cantada colectiva do 9 de agosto
Por Oskar Viéitez |