Atropelado un octoxenario mentres cruzaba un paso de peóns en Cambados
Por Redacción
José González Serantes, de 83 anos e veciño de Cambados resultou ferido leve este martes tras ser atropelado nun paso de peóns da avenida de Vilariño.
Segundo informan dende Protección Civil de Cambados, o suceso aconteceu sobre as 20 horas, cando un vehículo non se decatou da presenza do octoxenario que cruzaba o paso de peóns.
O home sufriu un golpe e queixábase de dor cervical e dunha forte contusión na perna dereita, polo que foi trasladado pola ambulancia de Protección Civil de Cambados ao Hospital Comarcal do Salnés.