Axentes do Seprona recollen seis cans en condicións "deplorables" dunha vivenda de Salcedo
Por Redacción
Axentes da Garda Civil rescataban media ducia de cans que se atopaban afectados por unha grave enfermidade, a parvovirose canina, e en malas condicións hixiénico-sanitarias nunha casa da parroquia pontevedresa de Salcedo.
As patrullas do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) de Pontevedra e Cangas comezaron despois de que recibiran unha alerta cidadá indicando que seis cans se atopaban na vivenda en "deplorables" condicións de limpeza e de saúde. Segundo o relato da persoa que denunciaba, a enfermidade que sufrían os animais xa causara a morte doutros dous cans nese domicilio.
Os axentes acudíronse na casa e, co consentimento dos donos, que desde o primeiro momento mostráronse colaboradores, os efectivos do Seprona recolleron os animais que foron atendidos pola protectora de animais 'Os Palleiros'.
Os animais tiveron que ingresar nunha clínica veterinaria ao comprobarse que estaban afectados pola enfermidade vírica "parvovirose canina". Esta doenza pode resultar mortal se non recibe o tratamento adecuado.
Os axentes do Seprona manteñen aberta a investigación que pode derivar nun procedemento administrativo ou penal, a teor do resultado da investigación, segundo informa a Garda Civil.