A Garda Civil detén no Vao un dos dous presuntos autores de tres roubos con intimidación
Por Redacción
A Garda Civil detén a un veciño de Poio como presunto autor de tres roubos con violencia e intimidación nas inmediacións do poboado de O Vao durante os dous últimos meses.
O primeiro produciuse a mediados do mes de xuño cando un repartidor foi abordado por dous individuos que lle arrebataron violentamente un paquete e lograron fuxir grazas á colaboración de veciños da zona, que rodearon ao traballador. Un mes despois, outro empregado dunha empresa de paquetería foi abordado polos mesmos autores. Mentres esperaba para entregar o paquete, ameazárono cun obxecto punante e arrebatáronlle a mercadoría. O terceiro asalto ocorreu a finais de xullo. Ao redor das 21 horas, abordaron por detrás a un peón que cruzaba o barrio, tras forcejear arrebatáronlle unha carteira con 30 euros.
O relato dos feitos e as descricións achegadas polas vítimas foron fundamentais para a identificación dos presuntos autores, un dos cales xa foi localizado e detido. Trátase dun mozo de 30 anos, veciño do mesmo poboado e saído recentemente de prisión. Tras ser posto a disposición xudicial, foi posto en liberdade provisoria con cargos. a investigacion continúa aberta para localizar e deter ao outro autor, ao que xa teñen identificado.
Noutra orde de actuacións, a Garda Civil detivo este martes a outro veciño do Vao sobre o que recaía unha orde xudicial de procura, detención e comparecencia, pola súa implicación no roubo con intimidación a unha parella que estaba nun coche no polígono do Vao, o pasado 22 de marzo.