Ramallás estrea a súa nova rede de sumidoiros
Por Redacción
As obras da rede de rede de sumidoiros e canalización de augas pluviais no lugar de Ramallás, na parroquia de Lérez, xa finalizaron e este mércores eran entregadas ao Concello de Pontevedra.
Foron executadas pola empresa E. C. Casas cun custo de 105.300 euros. Con estes traballos cóbrese unha demanda da veciñanza xa que se trataba dun dos lugares da parroquia que carecía deste servizo.
Demetrio Gómez e Alberto Oubiña, concelleiros de Obras e coordinador do Rural, acompañados por representantes da asociación de veciños achegáronse ata a zona para comprobar o remate das obras.