Chamamento para que a cidadanía se sume aos actos contra a violencia machista
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
O asasinato machista nas últimas horas de María del Carmen Vázquez, unha veciña de Vilalba (Lugo) a mans da súa ex parella provocou que este luns os integrantes da corporación de Pontevedra se concentraran de maneira institucional ante as portas do Concello de Pontevedra.
A voceira do goberno local, Anabel Gulías, amosaba a repulsa contra este novo caso de violencia machista e lamentaba que as medidas que se establecen para deter esta lacra resulten ineficaces. Animou a toda a cidadanía a participar nos actos dos movementos feministas para que se poida poñer fin a esta situación. O colectivo feminista de Pontevedra convocou unha concentración para este martes ás 20.00 horas ante a Audiencia Provincial.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores tamén manifestaba ao remate da concentración que "algo se está facendo mal" cando hai 700 denuncias no primeiro semestre do ano por violencia machista e afirma que non debería ser posible que unha persoa se conta cunha orde de afastamento se achegue a súa ex parella e cometa un asasinato. Neste sentido, sinlou que a sociedade debe estar unida contra a violencia machista e as administracións competentes deben destinar máis esforzos e máis medios lexislativos, económicos e policiais para evitar estes crimes.
Paloma Casro, a concelleira de Igualdade, afirmaba que o goteo de asasinatos machistas é "continuo e insoportable". E respondeu á utilización de expresións como "violencia intrafamiliar" que empregan os dirixentes de Vox ou a idea desta formación de que é igual que se suicide un home a que unha mullera morra asasinada. A concelleira socialista amosou a súa oposición a estas afirmacións e manifestouse a favor da defensa da liberdade e da igualdade das mulleres para "poder vivir tranquilas".
Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do PP, aseguraba que Pontevedra é un exemplo que mostra como todos os grupos políticos se unen para manifestarse contra "estas agresiones terribles" que cernan a vida das mulleres día tras día".
Mentres falaba nestes termos ante os medios de comunicación, unha integrante da agrupación feminista Batucada interrumpiuno dicindo: "No tenéis vergüenza. No podéis estar en una concentración si al mismo tiempo intentáis con Vox quitar las leyes de violencia de género. No sabéis lo que es respetar a las mujeres". Posteriormente, Domínguez contestaba en redes con este texto: "
Por último, o representante de Cidadáns, Goyo Revenga, manifestaba que se trata dun "día triste" e apuntou a que a educación é a única maneira de rematar con esta lcara. "Siento pena, vergüenza y rabia", afirmaba o político tras a concentración silenciosa.