Un camión articulado envorca na avenida de Marín e o remolque esmaga o quitamedos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51c9810f362de-camionvolcadoavenidamarinpolilocal.jpg)
CC BY-NC-SA Policía Local de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51c98135a78da-camionvolcadoavenidamarin1.jpg)
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Un camión articulado da compañía Vegalsa-Eroski sufriu un aparatosos accidente na mañá deste martes na avenida de Marín, á altura da rotonda de Malvar.
Malia a espectacularidade do accidente, non houbo que lamentar danos persoais. Só se viu implicado un vehículo e o condutor saíu ileso.
Segundo informou testemuñas presenciais, o accidente produciuse arredor das 12.00 horas, cando o caminoneiro usaba a rotonda para facer un cambio de sentido, e non xerou retencións grazas á intervención da Policía Local de Pontevedra. Os axentes regularon o tráfico á saída da rotonda para evitar atoamentos.
Por motivos que se descoñecen, o camioneiro perdeu o control do remolque cando saía da rotonda en dirección a Marín, de tal forma que se desprazou e rematou envorcado sobre a calzada. A cabina quedou en pé e o remolque esmagou o quitamedos.
Testemuñas presenciais relataron os esforzos do condutor por separar o remolque da cabina para poder seguir coa súa ruta, pero a postura na que quedou a carga dificultou as tarefas. Pola tarde, foi necesario que un guindastre acudise leventar o remolque e a Policía Local cortou o tráfico de forma puntual para facilitar a maniobra.