200 nenos estrean dous meses de acampadas na Lanzada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51c6efd3ad3a2-campamentoslanzada1.jpg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51c6f0484b0ee-campamentoslanzada6.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Un grupo de 200 nenos de toda a provincia chegou este domingo á Lanzada para participar na primeira quenda dos campamentos de verán que organiza a Deputación Provincial de Pontevedra e que se desenvolverán ata o 7 de setembro. En total participarán 2.200 rapaces de entre 8 e 13 anos.
O acto de inauguración encabezouno o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e incluíu un show-espectáculo con representación e música realizado polos monitores e animadores do campamento. Serviu para dar a benvida aos participantes e para a presentación dos monitores que durante estes meses estarán a cargo dos cativos.
Os campamentos que a Deputación de Pontevedra oferta cada ano no Centro de Vacacións A Lanzada ofrecen aos participantes unha gran variedade de actividades, que vai desde contacontos e teatro ata actividades nocturnas, pasando por xogos e deportes, actividades na praia e relacionadas coa natureza e o medio ambiente ou actividades culturais e artísticas.
Os usuarios que chegaron ao centro da Lanzada terán 7 días para convivir con compañeiros da mesma idade e procedentes de toda a provincia, o que contribúe a favorecer as relacións sociais, a tolerancia e a amizade. A esta quenda seguirán outras 11, a última delas desde o 1 ao 7 de setembro.