Todos os plans para este San Xoán na comarca
Por Redacción
Xa está aquí a noite máis curta e, segundo ritos e tradicións, máxica do ano. San Xoán vívese de forma intensa en toda a bisbarra, con centos de cacharelas que se prenderán ao fío das doce da madrugada e celebracións previas en todas elas.
Poio é, sen dúbida, o epicentro das celebracións de San Xoán cada ano. Esta noite do domingo 23 ao luns 24 segue a tradición. En cada parroquia e lugar do municipio haberá cacharelas, sardinadas e churrascadas, pero a central será na Seca:
- 21.30 horas. Sardiñada popular. As sardiñas, a 2 euros, e con pleno dereito a repetir ata fartar.
- 22.00 horas. Verbena nocturna amenizado polas orquestras American Top e Estrellamar.
- 23.30 horas. Espectáculo de lume e prendido da cacharela.
Pontevedra está caracterizada por unha atomización dos actos. Ata o venres é tiñan comunicado no Concello a celebración de 123 cacharelas: 18 no centro urbano; 20 en Marcón; Alba, 5; Canicouva,1; Bora, 8; Cerponzóns, 3; Campañó, 9; Lérez, 7; Lourizán, 10; Mourente, 15; Pontesampaio, 2; Salcedo, 10; Verducido, 4; Santa María de Xeve, 3; e Santo André de Xeve, 4.
O lume prevese que se acenderá sobre as 23.00 ou as 00.00 horas, pero antes haberá celebracións. Algunhas das principais serán:
- 20.30 horas. Illa das Esculturas. Actividades lúdicas relacionadas con San Xoán.
- 21.00 horas. Tomeza. Sardiñada de San Xoán organizada polos veciños.
- 21.30 horas. Campolongo. Sardiñada de San Xoán organizada polos veciños.
- 21.30 horas. A Parda, no terreo da Abundancia. Sardiñada de San Xoán organizada polos veciños.
- 22.00 horas. San Brais de Salcedo. Sardiñada de San Xoán organizada polos veciños
Ponte Caldelas non se queda atrás. Segundo o Concello, solicitáronse e autorizado 36 cacharelas que se prenderán por todo o municipio entorno ás 23.30 horas.
En Vilaboa, haberá tamén cachadas en todas as parroquias, sendo a central deste ano a de Paredes.
- 22.30 horas. Actuación do grupo de percusión galega Pelepau.
- 23.00 horas. Cachada popular.
- Ao remate, concerto do grupo de música galega Os Carunchos.
En Vilagarcía, o Concello recibiu un total de 332 solicitudes para a realización de cachadas en San Xoán e San Pedro, aínda que a maioría serán nesta noite. Haberán fogueiras en todas as parroquias do municipio e tamén solicitaron permiso para a realización de barcacoas nas rúas preto dunha vintena de bares.
Unha das zonas preferidas polos vilagarciáns para prender as súas fogueiras e realizar barbacoas son as praias da Concha-Compostela, onde este ano se solicitaron permisos para realizar 20 cachadas.