A Lama quere refrescarse cun 'Verán Cultural'
Por Redacción
O alcalde da Lama, Jorge Canda, e representantes do novo grupo de goberno deste Concello presentaban este martes as actividades que se inclúen en 'Verán Cultural', a iniciativa prevista para os meses de xullo e agosto con actividades lúdicas e culturais que se desenvolverán neste municipio.
O programa contén roteiros de sendeirismo para amosar o patrimonio etnográfico e natural da Lama, ademais de obradoiros organizados en colaboración coa OMIX e destinados a escolares.
O Concello publicou un programa informativo co calendario de todas as actividades e celebracións festivas que se van levar a cabo nas parroquias e nos diferentes lugares do municipio.
Os xoves, o campo de Racelo acollerá o Torneo de Fútbol Base do Reencontro coa participación de equipos combinados de escolares, que viven case todo o ano fóra de España e menores censados no municipio.
O 'Verán cultural' vai iniciarse o 26 de xullo, ás 19.00 horas coa actuación na Praza da Pedreira da Banda de Música de Cerdedo. Ao día seguinte será a Banda de Música Popular de Muimenta, de Lalín, a que interprete desde o mesmo escenario e o domingo 29 pechará as actuacións o Festival de Bandas de Gaitas coa participación dos Coribantes de Buchabade, Os Catro Ventos e Aires de Cobres. As actuacións inícianse a partir das 20.30 horas na Alameda.
O 29 de xullo, a praia fluvial do Río Verdugo acollerá actividades con canosas, grazas ao Club de Piragüísmo Vilaboa, abertas para o público en xeral. Os participantes, de forma gratuíta, poderán coñcer o roteiro do Verdugo, acompañados de monitores. As persoas interesadas deberán inscribirse na OMIX previamente, nas oficinas do Concello da Lama ou chamando ao 986.768.238 extensión 4 entre as 17.00 e as 21.00 horas.
O 30 de xullo, ás 21.00 horas, a Alameda será o escenario para que Expresión Teatro ofreza a comedia 'Convivir'. O mércores 31 vai desenvolverse a Festa Infantil na Alameda durante a tarde con festa da escuma e un espectáculo de maxia.
O 1 de agosto chega a quenda do Cine na Rúa. Será na Alameda a partir das 22.30 horas coa emisión de 'El mejor verano de mi vida', protagonizada polo cómico Leo Harlem.
O 2 de agosto presentarse outra obra de teatro, 'Noutrora. Historia dunha carta', coa participación de case un cento de intérpretes e de músicos. O domingo 4 celebrarase a Festa da Terceira Idade, nas Ermidas. Haberá actuacións musicais e se promoverán os reencontros familiares.
Xa o venres 9 de agosto chegará a Festa do Río, na praia fluvial do Verdugo, coa intervención do humorista Pepe Suevos e unha sesión de baile amenizada polo dúo Prisma. Ademais, este ano está prevista unha