Novas Xeracións recoñece a labor do Gremio de Mareantes para preservar a historia da cidade
Por Redacción
Representantes de Novas Xeracións do PP de Pontevedra mantiveron este sábado un encontro coa xunta directiva do Gremio de Mareantes de Pontevedra, a institución máis antiga da cidade e o gremio de mar máis antigo de España. Segundo o seu presidente Arturo Casal, a visita busca ser "un recoñecemento á labor que realiza en prol das tradicións e do mantemento e transmisión da historia da cidade".
"O Gremio de Mareantes foi o motor económico e social de Pontevedra, e non debemos esquecer a súa historia, porque é a historia do barrio da Moureira e é a historia común dos pontevedreses", indicou Arturo Casal.
Durante o encontro, o presidente da institución, José Luis Arellano, explicou aos membros de NNXX a historia e as actividades que levan a cabo, facendo fincapé en que "o Gremio de Mareantes financiou e construiu a Basílica de Santa María A Maior, na cal se facían as reunións do Gremio, así como a financiación e construcción da primeira Ponte da Barca, a recuperación da Cofradía do Corpo Santo, as procesións do Viático e do Corpus".
O representante do Gremio de Mareantes tamén destacou que "lle entristece ver como Pontevedra lle dou a espalda ao mar, cando durante séculos a súa riqueza dependeu del".