![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51c5d0b34ddb1-xosemovilaboaecelsomilleiroorganizadores.jpg)
CC BY-NC-SA BNG de Marín
O BNG de Marín conmemora o 82 aniversario da República Galega
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O 27 de xuño de 1931, Antón Alonso Ríos foi proclamado presidente da Xunta Revolucionaria da chamada República efémera, xa que só durou unhas horas. Alonso Ríos e os demais revolucionarios galegos crían que as solucións aos problemas da nosa terra non estaban nunha república española, senón na creación dun estado republicano galego.
O próximo 27 de xuño conmemorase o 82 aniversario da proclamación desa Primeira República Galega, e o BNG de Marín lembrarao con dous actos cos que pretenden "recuperar a historia, non desde un punto de vista sentimental, senón para que axude a comprender e entender os acontecementos actuais".
O propio 27 de xuño o historiador nacionalista Xoán Carlos Garrido Couceiro realizará unha arenga pública en lembranza deste día. Será ás 20.00 horas na Alameda Rosalía de Castro e perante o monumento a Rosalía.
O 28 de xuño o acto será ás 20.30 horas na biblioteca Vidal Pazos e consitirá na proxección do documental A Fazaña da Liberdade da produtora Filmika Galaika, que trata sobre a vida do mártir galeguista Alexandre Bóveda. O film está dirixido por Uxío Breogán Diéguez e Senem Outeiro.