Deteñen o ladrón de catro casas e un colexio de Poio nos dous últimos meses
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Garda Civil detivo o veciño de Poio A.G.J., de 22 anos de idade, como suposto autor de cinco delitos de roubo con forza cometidos no devandito municipio nos dous últimos meses.
Estes roubos foron cometidos en catro domicilios e nun centro escolar e en todos os casos tiveron o mesmo modus operandi. O autor do roubo forzou as fiestras ou portas cando a vivenda ou colexio se encontraban baleiros, apoderándose de ordenadores, televisores, xoias ou electrodomésticos doados de transportar como pode ser unha aspiradora.
Segundo informou a Garda Civil, se recuperaron algúns dos efectos subtraídos e se continúan as investigacións, de modo que non se descarta que se lle poidan imputar máis delitos da mesma índole.
A detención é o froito dunha investigación que tiña en marcha o equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cangas. Produciuse este xoves 20 de xuño e, tras o arresto, o mozo foi conducido ás dependencias oficiais para a instrución das correspondentes dilixencias.
O detido será posto, xunto coas dilixencias instruídas, a disposición do Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra.