Arroz frito ao estilo tailandés con mexillóns gourmet Pescamar
Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos preparar unha receita que nos trae os aromas da cociña de Tailandia e coa que imos aproveitar todos os beneficios dun dos moluscos máis importantes das nosas Rías: o mexillón.
Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.
O arroz frito é unha receita tradicional da cociña asiática. O que diferencia o estilo tailandés é o uso da variedade de arroz de gran longo coñecida como xasmín, que recibe este nome polo seu aroma doce, moi parecido ao da flor do xasmín.
Para preparar un saboroso Arroz frito ao estilo tailandés con mexillóns gourmet Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:
- 4 cunquiñas de arroz xasmín ou outra variedade de gran longo
- 2 latas de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar
- 8 lagostinos
- 5 cunquiñas de agua
- 6 allos tenros
- 1 pemento verde pequeno
- 2 cenorias
- Aceite de oliva virxe extra
- 2 culleradas de salsa de soia
- Medio vaso de viño branco
- Sal
Elaboración:
Preparamos primeiro o arroz. Poñémolo nunha pota e cubrimos con auga; por cada cunquiña de arroz, incorporaremos a medida dunha cunquiña máis un cuarto de auga. Poñemos a cocer a lume forte. Cando empece a ferver, baixamos a lume medio e cociñamos uns 12 minutos ou ata que se evapore todo o líquido. Deixamos repousar.
Crotamos en anacos todas verduras e os lagostinos. Nun wok, ou na súa falta unha tixola, poñemos o aceite a quentar a lume alto e as verduras. Deixámolas facer uns minutos sen deixar de remover. Cando se acheguen ao punto desexado, incorporamos os lagostinos, previamente pelados e cortados en anacos, e deixamos ao lume ata que estean cociñados.
A continuación, engadimos as dúas latas de mexillóns gourmet Pescamar, previamente escorridas e reservada o líquido, a salsa de soia, o viño branco e o arroz xasmín cocido. Movemos ben para que se mesturen todos os ingredientes. Se queda algo seco, pódese engadir unha parte do mollo das latas de mexillóns que reservamos. Rectificamos de sal.
O arroz frito tailandés pódese servir como entrante, en boles individuais, ou ben como prato principal. Neste caso, adóitase presentar nunha bandexa acompañada de verduras crúas cortadas en toros finos.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
Relacionadas:
-
Crema de mexillóns gourmet Pescamar con tacos de peixe
Por Noticia patrocinada |
-
Hummus con puré de atún claro Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Pementos do 'piquillo' recheos de atún Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Consomé de mexillóns Pescamar con infusión de fiúncho e azafrán
Por Noticia patrocinada |
-
'Fajitas' de mexillón gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |
-
Ensalada "Horta Oroza" con trío de conservas gourmet Pescamar
Por Noticia patrocinada |