![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8b1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cfa92d31c-whatsapp-image-2019-06-07-at-12.17.46-1-.jpeg)
© Guardia Civil de Pontevedra
Recoñecemento ao traballo da Garda Civil de Pontevedra co sector da seguridade privada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Asociación de Profesionais para a Vixilancia dos Recursos Naturais (Provirena) quixo agradecer esta semana o traballo e colaboración da Garda Civil de Pontevedra en relación co sector da seguridade privada.
O presidente e o secretario de Provirena, Eliseo García e José Manuel Pena, respectivamente, entregaron ao xefe interino da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, o tenente coronel Manuel Touceda, unha metopa institucional.
A entrega realizárona en sinal de agradecemento do colectivo de gardas rurais, nas súas distintas especialidades, polo labor formativo e de coordinación que vén desenvolvendo co sector da seguridade privada na comandancia pontevedresa.