O grupo que introduciu coca polo porto de Marín "aprovechó la fiesta de Cantodarea para pasar desapercibidos"
Por Natalia Puga
Os cinco acusados de pertencer a un grupo organizado dedicado á introdución de cocaína en España que foron detidos por un alixo de catro quilos de droga no porto de Marín "aprovecharon que era un día de fiesta, San José de Cantodarea, para pasar desapercibidos".
A conclusión a saca un axente do Greco-Galicia que liderou a investigación sobre esta banda e que este mércores declarou na segunda e última xornada do xuízo celebrado na Audiencia Provincial de Pontevedra. Unha vista cargada de declaracións de peritos e axentes das Forzas de Seguridade na que a anécdota a deu o presidente do tribunal, Antonio Berengua, que pediu "a Papá Noel o los Reyes Magos" un sistema de videoconferencia que non de problemas para conexións co exterior como os rexistrados neste xuízo.
A droga incautouna a Garda Civil da unidade fiscal de Marín tras observar un dos acusados, Geofrey Palomata, alcume 'el chino', trar nun buque atracado e saír á media hora cunha mochila. Cando un axente lle deu o alto, "intentó huir", pero lograron darlle o alto e encontráronlle en posesión de preto de catro quilos de cocaína cunha pureza media do 72%.
Esa noite na que se interveu a droga, entre o 30 de abril e o 1 de maio de 2010, axentes do Greco tiñan establecido un dispositivo de vixilancia no ámbito do porto de Marín froito dunha investigación na que levaban varios meses e que lles levara a picar o teléfono doutro dos acusados, o ex garda civil Dionisio Lago Benavides, 'el Dioni', e a seguilo ata alí.
O grupo ameazou de morte a 'el Dioni' se non aparecía a droga que acabou por erro en Polonia
Os axentes que o vixiaban vírono "merodeando" polo porto xunto a outro individuo contra o que finalmente non se formulou acusación e máis tarde, se reunir con outro dos procesados, Benxamín B.I., 'o Barbas' e cear con el unha hamburguesa. Esa noite celebrábanse as festas no exterior do porto e, malia as insistentes preguntas dos avogados defensores, os que interviñeron na vixilancia aseguraron que "no fueron a la fiesta", senón que estaban a vixiar.
As súas accións daquela noite non desembocaron en ninguan aprehensión de drogas porque, segundo consta nas conversacións telefónicas e sms intervidas, perderon a pista ao 'chino'.
Días máis tarde, o Greco tivo constancia de que o citado individuo de orixe filipina fora detido pola Garda Civil con catro quilos de cocaína e, uniedo cabos, concluíron que os 'el Dioni' e 'el Barbas' estaban a realizar labores de vixilancia e contravixilancia, respectivamente, no porto agardando a chegada dun buque con catro quilos de droga, pero non chegaron á cocaína pola detención. Tamén os outros acusados se decataron do arresto cinco días máis tarde a través dunha noticia de La Voz de Galicia e intercambiaron un sms entre eles nos que indicaban "o chinés enfermou".
O fiscal elevou de 6 a 12 anos a pena de cadea para Manuel González porque xa non se arrepinte dos seus feitos
A operación de narcotráfico que lles levou ao banco ten unha segunda parte, a incautación de 50 quilos de cocaína en Varsovia (Polonia), nun barco que debía ter deixado a droga no porto de Marín o 18 de xuño dese ano, pero, por erro, levouno ao seguinte destino. Neste operativo o Greco tamén implica outros procesados nesta causa, Manuel González Pérez e Julio Casino Escriche.
Froito deste operativo, o Greco realizou rexistros nos domicilios dos procesados e encontrou probas de que Julio Casino chegou a ameazar de morte a 'el Dioni' se non aparecía a droga que máis tarde se localizou en Varsovia. De no haber aparecido la droga, hubiesen cumplido su amenaza", indicaron os axentes que estiveron na investigación. Baséanse, entre outras probas, en que apareceu unha nota ameazante escondida debaixo dunha pistola.
O xuízo quedou visto para sentenza, pero con varias novidades nas cualificacións do fiscal. Ademais de retirar do seu relato dos feitos a circunstancia agravante de uso de buque, modificou a súa acusación contra Manuel González, ao considerar que a confesión e arrepentiendo que demostrou na súa declaración inicial desapareceu unha vez que no xuízo se desdixo de todo. Pasou de reclamarlle seis anos de prisión a elevar a condena a doce anos. Non obstante, reduciu a condena para o filipino Geofrey Palomata, pasa de enfrontarse a 11 anos a facelo a 9.
Relacionadas:
-
31 anos de cárcere para catro acusados de introducir droga a través do porto de Marín
Por Natalia Puga |
-
Din ao xuíz que se inventaron "toda una película" sobre unha rede que introducía coca polo Porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Fiscalía solicita 53 anos de cárcere para unha rede que introducía cocaína a través do porto de Marín
Por Oskar Viéitez |