A enésima vertedura no Gafos volve tinguir o río de branco
Por Redacción
O río Gafos, declarado recentemente como espazo natural de interese local, sufriu unha nova agresión ambiental. Ocorreu este mércores, sobre as once da mañá, no tramo urbano do río, onde se detectou unha visible vertedura que tinguiu as súas augas dunha intensa cor branca.
Así o denunciou a APDR, que lamentou a "falta de conciencia ambiental" dos causantes desta vertedura que, cunha mancha de cor branca e aspecto de pintura diluída, cubría amplamente o leito do río. Ía acompañado ademais de residuos sólidos, entre eles unha enorme roda de camión.
A APDR, que comunicou este incidente a Vaipolorío, responsabilizou desta vertedura ás obras da autovía A-57 e ao mal funcionamento dun sumidoiro da rede de saneamento en Tomeza.
Os colectivos ecoloxistas fixeron un chamamento á concienciación cidadá para que estas "inaceptables" prácticas desaparezan e para que as autoridades "non deixen de perseguir" a quen non respecta o medio ambiente, xa sexan particulares ou empresas.
Relacionadas:
-
Os mozos de Arela colaborarán con Vaipolorío nunha xornada de limpeza
Por Redacción |
-
A APDR denuncia a aparición dunha nova vertedura na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia unha vertedura de cascallos no Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian unha nova vertedura no Gafos, a primeira desde a súa declaración como ENIL
Por Redacción |