Denuncian unha nova vertedura no Gafos, a primeira desde a súa declaración como espazo natural de interese local
Por Redacción
A asociación ecoloxista Vaipolorío denunciou este xoves unha nova vertedura no río dos Gafos, o primeiro desde a súa declaración como espazo natural de interese local (ENIL).
Segundo a información facilitada por Vaipolorío, varios usuarios do sendeiro do río Gafos detectaron unha vertedura sobre as 13.15 horas e sinalaron que procedía dun dos seus afluentes, o río Pintos. Trátase dun vertido presuntamente provocado, coma noutras ocasións, polas obras da autovía A-57.
O vertido púxose en coñecemento de Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 e, segundo informou Vaipolorío, presentáronse no lugar da vertedura diversas persoas con competencias na materia.
Relacionadas:
-
A enésima vertedura no Gafos volve tinguir o río de branco
Por Redacción |
-
Vaipolorío organiza unha festa para celebrar a declaración do Gafos como ENIL
Por Redacción |
-
Vaipolorío denuncia unha vertedura de cascallos no Gafos
Por Oskar Viéitez |
-
Un roteiro saudable de 11 kilómetros, primeira actividade dende que o Gafos foi declarado ENIL
Por Olaya Madrigal |
-
O río Gafos obtén a súa declaración como espazo natural de interese local
Por Alejandro Espiño |
-
A protección ambiental do río Gafos, máis preto de aprobarse
Por Alejandro Espiño |