Decomisan 900 quilos de ameixa que circulaba ilegalmente no Grove
Por Redacción
O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra detectaba nas últimas horas unha furgoneta no Grove que transportaba varias bolsas que contiñan ameixa de maneira ilegal.
Segundo informan desde a Garda Civil, os axentes interviñeron a ameixa xapónica que alcanzaba a cantidade de 900 quilogramos, despois de comprobar que carecía da guía sanitaria de orixe.
O marisco incautado foi trasladado ao Servizo de Gardapesca da Xunta de Galicia para que os operarios se fixesen cargo deste material.
Relacionadas:
-
Interceptan un turismo con máis de media tonelada de ameixa ilegal na AP-9 en Caldas
Por Redacción |
-
Interceptan dous furtivos con 20 quilos de ameixa extraídos dunha zona pechada pola toxina
Por Redacción |
-
Detectan un condutor portugués con mil quilos de ameixa clandestina no Grove
Por Redacción |