Piden catro anos de prisión para un home acusado de vender cocaína polo miúdo en San Antoniño
Por Redacción
A Fiscalía de Pontevedra pide catro anos de prisión para un home con antecedentes ao que a Policía sorprendeu en polo menos dúas ocasións vendendo droga polo miúdo na rúa San Antoniño.
O home, de iniciais A.R.F., sentará no banco dos acusados da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra o vindeiro martes 7 de maio procesado por un delito contra a saúde pública.
Os feitos ocorreron entre decembro de 2016 e xaneiro de 2017. Segundo sostén a Fiscalía, o 29 de decembro vendeu a un cliente 0,079 gramos de cocaína valorados en 17,01 euros e o 27 de xaneiro outros. 0,524 gramos da mesma substancia valorados en 43,98 euros.
A Fiscalía pide que sexa condenado a catro anos de prisión, o pago dunha multa de 100 euros e o comiso da cocaína intervida.