O encargado dun pub evita o furto dun móbil de 1.100 euros ao neutralizar á ladroa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O encargado dun local de copas de Pontevedra evitou a pasada madrugada que unha muller furtase un móbil valorado en 1.100 euros ao lograr interceptar na porta do establecemento á presunta ladroa.
Segundo a información facilitada pola Policía Nacional, os feitos tiveron lugar sobre as 3.15 horas da madrugada deste venres. O propio encargado do local chamou á Comisaría tras sorprender á muller cando trataba de fuxir a toda velocidade tras subtraer un bolso.
A muller supostamente subtraera o bolso que una dunha das clientas apoiara nunha barra. No interior do bolso había un teléfono móbil valorado en 1100 euros.
A vítima facilitoulle a descrición física ao encargado do establecemento, por iso é polo que lograse retela. Cando os axentes que recibiron a chamada da sala do 091 chegaron ao lugar, identificárona e detiveron por un delito de furto. Trátase dunha veciña de Pontevedra de 37 anos con antecedentes policiais.
Os axentes policiais entregáronlle o móbil á súa propietaria, que acudiu á Comisaría e formalizou unha denuncia polo ocorrido.
A presunta ladroa foi trasladada á Comisaría da Policía Nacional e este venres foi posta a disposición xudicial.