Atropelan tres ciclistas na estrada de entrada a O Grove
Por Redacción
Tres ciclistas foron atropelados este domingo mentres practicaban deporte pola estrada de entrada ao Grove, concretamente no lugar de Ardia.
Segundo informou o 112 Galicia, un dos ciclistas tivo que ser trasladado ao Hospital Domínguez de Pontevedra para ser atendido das súas feridas.
O accidente produciuse pouco despois das once da mañá e foi un particular o que alertou ás autoridades do sucedido.
Ao lugar, ademais da ambulancia do 061, efectivos da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local do Grove, o servizo municipal de Protección do Grove, o GES de Sanxenxo e os Bombeiros de Ribadumia.