Foxe tras atropelar co seu coche a unha muller en Vilalonga
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A policía local de Sanxenxo e a Garda Civil de Tráfico trata de identificar a la persona que foxeu tras causar un atropelo.
Segundo informou o 112 Sos Galicia, o aviso do accidente tivo lugar ás 10:52 horas deste mércores.
Un particular alertou dun atropelo acontecido na PO-550 á altura do número 27 á altura de Vilar en Vilalonga.
Ata o lugar do suceso trasladáronse efectivos de Emerxencias Sanxenxo, a Policía Local e unha ambulancia do 061.
Segundo informaron dende o Concello de Sanxenxo, a vítima é veciña de Vilalonga M.C.M.G, de 64 anos de idade, foi atropelada por un turismo cando atravesaba a vía e tivo que ser trasladada ao PAC de Baltar nunha ambulancia do 061.
Pola súa banda, a persoa que conducía o vehículo fuxiu, aínda que a Policía Local, por manifestacións de testemuñas, restos atopados na estrada e a investigación levada a cabo tras o sinistro, logrou localizar o coche, un Opel Corsa con matrícula 6818 AW, que ademais presentaba aboladuras e roturas, e que pertence a unha veciña de Noalla.
Os axentes continúan investigando para dilucidar se a sospeitosa era quen ía ao volante do turismo.