Marín prepara un aparcadoiro provisional na rúa República Arxentina
Por Redacción
O Concello de Marín está a preparar un novo aparcadoiro provisional na rúa República Arxentina despois de asinar un convenio de cesión de uso cos donos das dúas parcelas.
As obras de acondicionamento comezaron hai uns días, polo que está previsto que estea a disposición antes de finais deste mes de abril.
Son dúas parcelas que suman máis de 1.500 metros cadrados, e que están situadas preto do CEIP A Laxe e a escasos metros do centro urbano polo que seguro que será moi utilizada.
Calcúlase que terán capacidade para o aparcadoiro duns 50 coches.