Sanxenxo contratará 60 socorristas e sanitarios
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo abriu este mércores o prazo de presentación de solicitudes para concorrer ao proceso de selección de persoal do servizo de vixilancia en praias que levará consigo a contratación dun máximo de 60 socorristas e sanitarios así como un coordinador do departamento.
Será este equipo quen se ocupe de atender as necesidades propias do verán derivadas da afluencia de usuarios aos areais do municipio, que foron distinguidos recentemente con 14 Bandeiras Azuis.
"A seguridade é precisamente un dous principais requisitos esixidos por ADEAC á hora de conceder estes galardóns que converteron un ano máis a Sanxenxo no concello con máis Bandeiras Azuis de España", incidiu o concelleiro de Seguridade Cidadá e Persoal, Salvador Durán, ao tempo que recordou que "o noso principal motor económico é o turismo e non podemos deixar de prestar servizos estivais a pesares de que a Administración local teña que facer agora un esforzo maior para asumilos".
Os interesados en participar neste proceso de selección terán ata o luns, incluído, para presentar as instancias no rexistro xeral da Casa Consistorial.