Ferida unha persoa nun incendio nun bar de Poio
Por Oskar Viéitez
Unha persoa resultou ferida por inhalación de fume no incendio no Bar Ohana, situado na Seca.
Segundo informou a Policía Local o ferido traballa como camareiro neste establecemento e foi trasladado ao Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez.
Estas mesmas fontes confirmaron que o incendio, que se rexistrou ás 13:30 horas, se orixinou nunha fritidora.
Ademais da Policía Local, ata o lugar do suceso acudiron efectivos dos Bombeiros do Salnés, do GES de Sanxenxo, do 061 e Protección Civil.
O lume foi extinguido, segundo explica o 112 Galicia, por parte de Protección Civil e os membros do GES procederon a ventilar a zona.