A Ponte dos Tirantes pechará ao tráfico o martes e o mércores
Por Redacción
A Ponte dos Tirantes pechará ao tráfico este martes 9 e o mércores 10 de abril para poder ser asfaltada. Cada día está previsto pechar un carril de circulación.
Os peches faranse despois da entrada aos colexios da zona da Xunqueira.
A Policía presentou este luns un dispositivo de tráfico elaborado pola Policía Local para poder reasfaltar o taboleiro.
Esta mellora faise con motivo dos campionatos do mundo de tríatlon. Por este mesmo motivo estanse a realizar melloras no firme das vías municipais tanto da cidade como no rural. No rural estase a asfaltar no Gabián (Verducido).