Dous feridos moi graves tras ser atropelados cando traballaban na autovía do Salnés
Por Redacción
Dous traballadores do servizo de mantenimieno de Estradas da Xunta de Galicia resultaron feridos e permanecen ingresados no hospital Montecelo en estado "moi grave" tras sufrir un atropelo cando traballaban na autovía do Salnés.
Os dous feridos estaba realizando tarefas de mantemento na autovía do Salnés cando, por motivos que se descoñecen, o condutor dun camión perdeu o control deste e colisionar contra a furgoneta de traballo dos dous feridos. Este vehículo estaba baleiro, pero, froito do impacto recibido, desprazouse e levouse por diante aos dous traballadores.
Segundo indicaron fontes do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), un dos feridos permanece na Unidade de Coidados Intensivos. Arredor das 21.30 horas deste luns as mesmas fontes sinalaron que o segundo foi sometido a un completo exame médico e as probas realizadas revelaron que o seu estado reviste menor gravidade.
O Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 indicou que o sinistro se produciu sobre as 17.05 horas deste luns na autovía do Salnés á altura do termo municipal de Meis. En concreto, o accidente rexistrouse no punto quilométrico 4 en dirección a Sanxenxo.
Un particular alertou do accidente e se desplazaro ao lugar a Garda Civil de Tráfico e dúas ambulancias de Urxencias Médicas de Galicia 061, que prestaron unha primeira valoración e asistencia aos feridos e decidiron o seu traslado a Montecelo.