Marín mantén baixo control a pombas e gaivotas
Por Oskar Viéitez
Por quinto anos consecutivo o Concello de Marín mantén o servizo de control poboacional de aves.
Segundo informou o goberno local, desde que se iniciou este traballo ecolóxico e incruento reducíronse en 1.500 os exemplares de pomba común. Sendo 350 as pombas localizadas a día de hoxe.
O Concello pretende manter e reducir a poboación en zonas máis afectadas, reducindo as colonias de pombas a uns números asumibles, impedindo á súa vez que o número total de exemplares volva elevarse.
Así como os primeiros anos controlouse basicamente o centro urbano, durante o ano 2018 levaron a cabo intervencións con gaiolas de captura en diferentes puntos da vila, tanto no centro do centro urbano como nos arredores do mesmo, con bos resultados.
O servizo de control poboacional da gaivota patiamarilla, tamén tivo unha gran acollida, que se ve reflectida nas chamadas recibidas, que van en aumento nas sucesivas campañas.
A nova campaña iníciase no mes de maio e permanecerá activo ata agosto, polo que os interesados en que se revise os seus tellados xa poden deixar constancia da súa dirección escribindo un correo electrónico a laruscontrol@hotmail.com ou chamando ao número de teléfono 689 838 359, en horario de 10:00 a 19:00.
Para facilitar a redución destas dúas especies, o concello tamén tomou outra serie de medidas como a retirada de lixos do exterior do mercado, informando a propietarios de edificios en mal estado con pombais incontrolados para que se tomen as medidas oportunas.