O Grove traballa na mellora da rede escultórica
Por Redacción
A grande cantidade de obras escultóricas das que dispón o Concello do Grove, froito a meirande parte delas dos Simposios da Festa do Marisco, requiren dun amplo traballo de mantemento e conservación. Nos pasados días se teñen comezado os traballos de recuperación do conxunto escultórico de Moreiras que foi obxecto dun acto vandálico, realizándose traballos de coidado por parte da Escola de Canteiría da Deputación.
Ademais disto, nestes días son os servizos municipais locais os que están reinstalando e limpando algunha das obras que se atopan nas rúas e prazas da localidade. Tal é o caso da obra do arxentino Jorge Romero creada en 1991 e que foi ubicada no xardín lateral do Concello. Esta obra sufrira unha rotura e foi un veciño da localidade, especializado en traballos deste tipo, o que se ofreceu para arranxala. Tras a reparación o pasado venres puido volver a ser colocada.
Coa intención de manter un ritmo de actuación de unha obra por semana, estes días tamén se procedeu a colocar a obra "Siéntante, siéntate " de Gotzon Huegun no xardín lateral da Oficina de Turismo na Praza do Corgo.