Licitadas as obras de mellora nas estradas de Marín-Pontevedra, Marín-Moaña e Bueu-Cangas
Por Redacción
A Xunta de Galicia aprobou destinar 466.257 euros á reparación de tres viais: a PO-546 entre Pontevedra e Marín, a PO-313 entre Marín e Moaña e a PO-315 entre Bueu e Cangas.
As obras, que se acaban de licitar, consistirán na rehabilitación da capa de rodadura completándose co repintado e a sinalización horizontal, ademais de realizar unha limpeza das cunetas
Segundo traslada a administración, o prazo de execución das obras ascende a seis meses nunha actuación que, aseguran, beneficiará a preto de 166.000 habitantes.