Pillan 'in fraganti' dous menores enchendo de pintadas un parque de Poio
Por Redacción
Con sprays de diferentes cores na man. Así sorprenderon os axentes da Policía Local de Poio a dous menores que estaban danando o mobiliario urbano no parque de Rosalía de Castro.
Segundo informa a Policía Local, esta actuación foi posible grazas á colaboración cidadá. Foi un veciño o que, a través do WhatsApp habilitado por este servizo, enviou un video no que aparecían os autores das pintadas.
Os menores realizaron danos considerables en mobiliario urbano, farolas, bancos e paredes, pero sobre todo as pintadas afectaron de xeito importante ao parque infantil de xogos que está situado no centro a mesma praza.
Ao chegar, os axentes viron os dous mozos realizando as pintadas e, unha vez identificados, comprobaron que as súas mans estaban manchadas co mesmo cor dos sprays cos que se realizaran este episodio vandálico.
Os feitos, tras informar aos seus pais, foron postos en coñecemento da Fiscalía de Menores.
Ademais, aos titores legais dos dous menores reclamaráselles a limpeza da zona para restaurar os danos ocasionados.
Relacionadas:
-
Cachado "in fraganti" cando realizaba unha pintada no Parque de Rosalía de Castro
Por Redacción |
-
Poio traballa para ampliar a actuación do programa 'Axente Titor' a outros eidos
Por Redacción |
-
Poio é o único Concello da provincia con axente titor da Policía Local para atender conflitos de menores
Por Redacción |