RADIO.- A Asociación RetroGalaicos e Pokémon na Gruta de Gizamaluke
Por Redacción
A gruta de Gizamaluke abre micrófonos nesta edición á Asociación RetroGalaicos, un colectivo de ámbito galego que xurdiu en 2015 cun grupo de entusiastas dos sistemas retros de lecer electrónico, que de cando en vez se reunían e quixeron dar maior amplitude e actividade á iniciativa. Andrés de Pedro, o seu presidente charla con Carlos Pereiro en PontevedraViva Radio para esta ocasión.
Durante a entrevista, desde RetroGalaicos avanzaron que actividades están previstas para o ano en curso: a máis inmediata será a súa presenza o 9 de marzo na inauguración do MUVI de Cangas, o Museo do Videoxogo de Galicia; no verán compartirán o encontro AsturGalaica na comunidade asturiana; colaborarán coa Impact Weekend Naron e igualmente estarán na Faneka Gamming de Cangas.
Antes que todas estas propostas, leste mesmo marzo, participan como colaboradores na RunZX 2019 que por primeira vez celébrase en Galicia, concretamente en Sada. E para terminar o ano, estarán na Retro Vigo 2019, que xa o ano pasado supuxo un punto de inflexión nas actividades de RetroGalaicos.
No podcast desta semana, por suposto, non faltan Sara Orozco e Juan Sanmartín que xunto a Carlos Pereiro van deixando pílulas de actualidade sobre o mundo 'gamer' e do videoxogo; así como o seu debate semanal que esta vez leva un nome sobradamente coñecido: Pokémon.
Relacionadas:
-
O Concello vería "fantástico" unha titulación sobre videoxogos no campus e ofrece a súa colaboración
Por Alejandro Espiño |
-
Reclaman unha titulación sobre creación de videoxogos para o campus de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: As cifras récord de 'Apex Legends'
Por Redacción |