Máis de 400 escolares coñeceron a astronomía e a navegación este curso na Escola Naval de Marín
Por Redacción
Durante este martes 4 de xuño finalizaron as xornadas de Astronomía e Navegación que se viñeron desenvolvendo ao longo do curso na Escola Naval de Marín en colaboración co Ateneo Santa Cecilia.
Dende o mes de febreiro, un martes de cada mes, viñéronse reunindo máis de 400 alumnos na Aula de Astronomía do Centro Castrense, pertencentes a dez colexios do ámbito. Segundo os organizadores, as xornadas foron un éxito pola participación e aprendizaxe dos alumnos.
Nesta última xornada, estudantes dos colexios da Laxe e de Sequelo de Marín acudiron a esta cita educativa na que puideron presenciar un documental sobre a orixe do universo e dos planetas. O capitán de Corbeta, José Rodríguez Boullosa, foi o encargado de explicarlles aos nenos todas as curiosidades sobre estes temas tanto na Aula de Astronomía coma no Planetario da Escola Naval.