Salvamento Marítimo traslada a unha persoa accidentada na Illa de Ons
Por Redacción
O 112 Galicia avisou este domingo a Salvamento Marítimo por unha persoa con fractura dunha perna en Illa de Ons.
Desde o centro de Salvamento Marítimo en Finisterre mobilizaron á embarcación Salvamar Mirach que evacuou ao accidentado a Bueu e desde alí en ambulancia ao hospital.
Precisamente esta fin de semana as navieras Mar de Ons e Navia puxeron en marcha novas saídas con destino ás illas Ons e Cíes.
Ademais a Consellería de Medio Ambiente retomou o programa Descubrindo o parque nacional, ofrecendo máis de 150 prazas para coñecer o patrimonio natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
As actividades guiadas son gratuítas.