A Asociación Galega de Depuradoras transmite á subdelegada as preocupación pola súa actividade na costa
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou este venres a depuradora de Cabo de Cruz en Bueu onde mantivo un encontro coa directiva da Asociación Galega de Depuradoras (Agade) para coñecer de primeira man as inquedanzas deste colectivo.
Roberto Fariña, presidente de Agade, detallou a situación do colectivo de 80 empresas en Galicia nas que se trata o 65 por cento do mexillón, preto de 170.000 toneladas, e toda a produción de mariscos de concha que sae das rías galegas. Esas empresas son as que garanten coa depuración a salubridade dos moluscos que se venden en fresco en todo o país.
Os dous principais aspectos que foron plantexados por Agade son os derivados da ocupación do dominio marítimo terrestre por partes destes establecementos, que necesitan auga de mar para funcionar, e as correspondentes taxas e as diferenzas na aplicación da normativa de seguridade alimentaria entre as comunidades autónomas. No que respecta á primeira das cuestións, a modificación da Xunta de Galicia que xa non considera necesario a expedición dun título especial para este tipo de empresas pode implicar un tratamento diferenciado á hora de fixar as taxas para a instalación de novas empresas ou ampliacións das existentes.
Ao respecto dos problemas de aplicación da normativa sanitaria nas comunidades autónomas Agade solicitou da subdelegada do Goberno a súa implicación ante a Axencia de Seguridade Alimentaria (Aecosan) para coordinar aos distintos servizos de control de xeito que sexan validadas as autorizacións expedidas pola Xunta de Galicia.
Pola súa banda, Maica Larriba agradeceu a invitación a coñecer este sector tan dinámico e importante na provincia de Pontevedra e transmitiulles súa disposición de informar de estes temas aos correspondentes responsables do Goberno do estado.