Sumidoiro trampa na Feira do Libro Antigo e de Ocasión
Por Redacción
Un simple paseo pola Feira del Libro Antigo e de Ocasión, situada no Paseo de Odriozola, rematou cun susto maiúsculo para unha muller.
Todo porque ao pisar enriba dun sumidoiro, minutos despois das 11:00 da mañá, a tapa quebrouse producindo a súa caída, tendo que ser trasladada polo 061 a un centro hospitalario da cidade ao queixarse de fortes dores nunha perna.
As primeira hipóteses apuntan a que a tapa en cuestión tería quedado deteriorada polo paso dalgún vehículo pesado. A Policía Local acordoou a zona ante o risco de que se produzan máis caídas.