Adxudican por 365.000 euros a xestión do programa 'En Ruta coa Depo"
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación do contrato para o servizo de xestión, desenvolvemento e execución do programa 'En ruta coa Depo 2019'.
Será a empresa Halcón Viajes SL a que se fará cargo introducindo unha serie de melloras enmarcadas nas cláusulas de responsabilidade social.
O programa ofertará este ano 20.000 prazas e 32 rutas por lugares emblemáticos da provincia divididas en rutas temáticas, rutas culturais, marítimas, rutas adaptadas para persoas con mobilidade reducida, rutas dinámicas e interxeracionais.
O seu obxectivo, segundo o goberno provincial, é dar a coñecer os distintos lugares da provincia de Pontevedra, e dotar ás asociacións de recursos para promover o envellecemento activo.
Nesta ocasión a Deputación destinará a este programa 365.000 euros, o que supón un incremento de 5.000 euros con respecto ao pasado ano.