A Xunta demanda do Goberno que cumpra co convenio de vixilancia dos edificios xudiciais
Por Oskar Viéitez
O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, insistiu e demandou do Goberno central que cumpra co convenio asinado, tanto no aboamento dos salarios pendentes como na cobertura das prazas vacantes polos membros dos corpos e forzas de seguridade do Estado que traballan na seguridade dos edificios xudiciais galegos.
O Sindicato Unificado de Policía (SUP) advertiu que a "situación crítica" que atravesa a Unidade de Vixilancia en Edificios Xudiciais (UVEX) pon en risco a continuidade do servizo.
O director xeral de Xustiza lembrou que dende o ano 2006, a Xunta e Ministerio de Interior asinan anualmente un convenio para garantir a seguridade dos edificios e instalacións xudiciais dependentes da Xunta de Galicia a través da vixilancia e protección con persoal, tanto da Policía Nacional como da Garda Civil, co obxectivo de aproveitar a experiencia destes efectivos
Concretamente trátase do persoal da Policía Nacional en condicións de incorporarse á segunda actividade e teñan un mínimo de 25 anos efectivos de servizo activo, e o persoal da Garda Civil en situación de reserva, que voluntariamente queiran prestar o devandito servizo.
Ademáis Juan José Martín, indicou este mércores na Cámara galega, que a Xunta porá en marcha un plan de reforzo e mellora da seguridade dos edificios xudiciais da comunidade, coa instalación de escáners, arcos detectores e a renovación dos CCTV (circuítos cerrados de televisión, cámaras e a súa interconexión).