A comunidade venezolana de Pontevedra mostra o seu apoio a Juan Guaidó
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha vintena de persoas, todos eles membros da ampla comunidade venezolana en Pontevedra, concentráronse este sábado na Praza da Peregrina para mostrar o seu apoio ao autoproclamado presidente de Venezuela, o actual presidente da Asemblea Nacional Juan Guaidó, e esixir a Nicolás Maduro que abandone o poder.
"Fóra a opresión" ou "xa abonda de ditaduras" foron algúns dos lemas que presidían esta mobilización dos expatriados de Venezuela en Pontevedra, que participaron neste acto facendo ondear as bandeiras venezolana e española.
Esta concentración coincide coa cada vez maior presión internacional sobre Nicolás Maduro e cunha xornada crave para o país suramericano.
No seu capital, Caracas, o chavismo saíu este sábado á rúa para defender a lexitimidade do presidente electo e denunciar o golpe de estado que pretende dar Guaidó apoiado, entre outros, polos Estados Unidos de Donald Trump.
A oposición tamén se mobilizou de forma masiva en Venezuela para reclamar a dimisión de Maduro e a convocatoria de novas eleccións.
Relacionadas:
-
RADIO.- Javier Moro: "Toda esta alianza de autocracias quérennos mortos aos demócratas"
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- O seu país privouna dun futuro e agora Vicenza reconstrúese en Pontevedra
Por Marisa Ciordia |
-
Uns dous mil venezolanos chegaron a Pontevedra nos últimos dous anos
Por Redacción |
-
O enfrontamento entre Maduro e Guaidó chegará ao pleno de Pontevedra
Por Redacción |