O incendio dun conxelador obriga unha familia de Cambados a abandonar a súa casa
Por Redacción
Un matrimonio coas súas dúas fillas e a mascota víase obrigado a abandonar a súa vivenda en Cambados debido ao lume que se iniciaba nun conxelador.
O incendio iniciábase ao redor das 04.00 horas en Río número 11, de Corbillón, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias, que interveu na extinción do lume.
O propietario da vivenda tentou apagar inicialmente as chamas empregando un cubo de auga e, a continuación, os integrantes do servizo de emerxencias lograban extinguir o lume utilizando un extintor de CO2.
Debido ao fume que se expandiu pola vivenda foi necesario, coa chegada dos bombeiros, utilizar ventilación con maquinaria.