A reforma da estrada PO-549 entre Vilanova e Cambados interesa a 14 empresas
Por Redacción
Un total de 14 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar as obras de mellora de seguridade viaria no entorno de tramos de concentración de accidentes na estrada PO-549, entre o final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e a intersección coa vía de alta capacidade VG-4.3, en Cambados, cun orzamento que ronda os 575.000 euros.
Reformaranse as interseccións mais relevantes coa execución de cuñas de cambio de velocidade e semiglorietas para os cambios de sentido.
Mellorarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de autobús, establecendo medidas que garantan a súa visibilidade.
De xeito complementario, executarase un tramo de senda entre os puntos quilométricos 7+570 e 8+340 pola marxe esquerda da estrada.