Veciños de Xeve e Bora colapsan os rexistros coas súas alegacións contra a A-57
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Un grupo de veciños das parroquias pontevedresas de Xeve e Bora acudiron este xoves ás oficinas da delegación do Ministerio de Fomento no barrio de San Roque para entregar as súas alegacións contra o trazado da autovía A-57.
Calculan que levan tramitadas máis de oito mil alegacións contra o deseño deste tramo de catro quilómetros do segundo tramo da A-57, A Ermida- Pilarteiros.
O procedemento está a ser tedioso xa que os veciños topáronse co embudo que supón ter que rexistrar dixitalmente cada un dos escritos, un trámite que leva a cada funcionario unha media de tres minutos. O protocolo impide a cada persoa presentar máis de dez alegacións o que complica e retarda este procedemento.
Os veciños apuntan que o prazo de presentación de alegacións termina o vindeiro luns 4 de febreiro polo que están a organizar quendas para presentar os seus escritos aproveitando a existencia dun "rexistro único" que permite que poidan presentar as alegacións ante calquera organismo público.
María del Carmen Tenorio, portavoz dos veciños de Bora explicou que nesta parroquia hai "unhas 60 casas moi afectadas pola proximidade do trazado, ainda que non se saberán as que van ser derribadas ata que presenten o proxecto construtivo".
"É Fomento quen ten que buscar as solucións axeitadas e nós só temos que dicir as que non nos gustan", engadiu esta portavoz.
En nome dos veciños de Xeve falou Jesús Castro que lembrou que levan "pelexando" desde o ano 2003. ""En principio enganaron aos veciños dicindo que iba ser unha circunvalación para Pontevedra co que a xente estaba de acordo" e agora "xa se sabe que é unha autovía que para Pontevedra non sirve nada", sinalou.
O trazados proposto levan por diante unhas 13 casas en Xeve e moitas máis ven afectadas "onde está a sensibilidade de Fomento?", pregúntanse.
Relacionadas:
-
As obras da autovía A-57 na Fracha aínda non chegaron á cuarta parte
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno aproba que o Concello ofreza cobertura xurídica á plataforma de persoas afectadas pola A-57
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Marea pide ao Concello asesoría técnica e cobertura xurídica para os afectados pola A-57
Por Redacción |
-
Marea presentará unha queixa polas trabas para presentar alegacións contra a A-57
Por Redacción |
-
A corporación censura o "populismo barato" do PP co seu cambio de criterio sobre a A-57
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O PP levará ao Pleno as demandas dos veciños de Bora e Xeve sobre o segundo tramo da A-57
Por Redacción |
-
Vecinos de Xeve e Bora, afectados pola A-57, abordan a Lores para pedirlle o seu apoio
Por Alejandro Espiño |