Pontevedra vístese de gala coa celebración do Corpus
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As alfombras florais luciron como nunca nunha celebración do Corpus Christi marcada polo bo tempo e a volta da tradicional procesión do Santísimo tras dous anos de ausencia.
As celebracións relixiosas tiveron os seus actos centrais na Basílica de Santa María, organizadora dos actos ao tratarse dun ano impar, cunha misa solemne tras a cal saíu a procesión, que percorreu a avenida de Santa María, Alhóndiga, Don Filiberto, Manuel Quiroga, Curros Enríquez, Soportais, A Ferrería, onde se realizou unha parada no altar habilitado no centro da praza, Paseo de Odriozola, Pasantería e Sarmiento ata rematar na igrexa de San Bartolomé.
Multitude de pontevedreses puideron recrearse un ano máis cos tapices florais creados para a ocasión e que foron confeccionados grazas ao traballo realizado por voluntarios e membros da parroquia dende a tarde do sábado.
Celebración do Corpus Christi 2013
Pontevedra acolleu as celebracións do Corpus Christi, culminadas coa tradicional procesión do Santísimo dende a Basílica de Santa María ata a igrexa de San Bartolomé